Malpica vibrará esta fin de semana a ritmo de rock

1 minutes read
  • O festival Malpica Rock celebrarase na rúa Eduardo Vila Fano este sábado

O rock inundará a vila de Malpica grazas ao festival Malpica Rock, que se celebrará este sábado nunha carpa situada na rúa Eduardo Vila Fano.

As actuacións darán comezo ás 21:30 horas e os asistentes poderán desfrutar de bandas musicais galegas e internacionais, como é o caso de 58 Shots, un dos grupos «máis excitantes que xurdiron na escena musical francesa», destacan desde o goberno local. Ademais, tamén se achegarán ata a vila a banda larachesa AmbigüoEl Puto Antón + artistas convidados Recambios Tucho.