0
I Concerto Rock Concello de Malpica, no que actuaron Tálesien e The Cerne Revival Band, foi todo un éxito. O evento celebrouse este sábado 10 de xuño na rúa Eduardo Vila Fano, ante un numeroso público que se achegou para gozar das actuación de ambos grupos de gran traxectoria no xénero Rock. Con esta nova cita organizada pola concellaría de Turismo e Festexos, con Alfredo Cañizo á fronte, seguen a traballar para dinamizar Malpica.