0
Celebrarase o IX Torneo Concello de Malpica – VIII Memorial Ángel Rubio, unha cita xa consolidada no calendario enxadrístico galego. O torneo será ademais valedeiro para o X Circuíto Intercomarcal de Xadrez da Coruña 2026, reunindo xogadores e xogadoras de diferentes categorías nunha xornada de deporte, convivencia e homenaxe á figura de Ángel Rubio. Desde o Concello de Malpica animan á veciñanza e ás persoas afeccionadas ao xadrez a participar e gozar dunha tarde de estratexia e competición nun entorno único. A cita será este sábado 27 de xuño no Pavillón Municipal a partir das 16:00 horas. A organización corre a cargo do Club Xadrez Guillán de Malpica en colaboración co Concello.