Manhe: novo proxecto musical de Fransy, cantareira de Arteixo

A pandeireteira arteixá Fransy González, cunha ampla carreira no mundo da música tradicional galega, vinculada a Xiradela e a traballos con outros artistas e xiras por distintos países como solista, estrea proxecto propio.

Cantareira, mestra de pandeireta e canto tradicional, Fransy González aposta por un proxecto propio, un proxecto «persoal, froito de décadas de experiencia como cantareira». Trátase, segundo a pandeireteira galega, dun proxecto «sinxelo, feito coa madurez que confiren os anos e a peito descuberto».

Manhe é o título deste novo traballo con voz propia, acompañada por Pedro Lamas na composición e dirección musical. O primeiro tema deste proxecto co que Fransy inicia un novo camiño na súa carreira musical chámase «Media leghua de camiño». «Nin no mundo nin na terra» é o título do segundo tema deste traballo, que xa se poden escoitar en todas as plataformas dende o 19 de febreiro.

Related posts

Podemos Arteixo denuncia a falta de resposta do Goberno local tras máis dun ano solicitando as actas dos plenos

Controlan un incendio na comisaría da Policía Nacional de Santiago

A Deputación da Coruña reforza a rede pública de atención social nos concellos máis pequenos da provincia