A manifestación transcorreu entre a Delegación do Goberno e a Praza de María Pita. Os participantes afirmaron que haberá novas mobilizacións coas que os sindicatos queren evitar o desmantelamento de Alu Ibérica. O secretario xeral de CCOO en Galicia, Ramón Sarmiento, esixiulles ás administracións «o compromiso real e efectivo para consolidar un necesario proxecto industrial nesta planta». Os tres sindicatos reclamaron a implicación do Goberno e da Xunta. José Ramón Gómez, de UXT-Galicia, inistiu en que «non podemos esperar a que a xustiza decida». O secretario xeral da CIG, Paulo Carril dixo que «a única solución seria e real é a intervención pública».