Manifestación en Compostela este domingo por un monte galego con futuro

0 minutes read

A manifestación será ás 12 horas na Alameda de Santiago de Compostela, estará convocada pola Plataforma «Por un monte galego con futuro», da que tamén forma parte o Sindicato Labrego Galego, entre outras moitas.

Por un medio rural vivo, xestión sustentábel e multifuncional do monte, prevención de lumes forestais e o freo ao monocultivo do eucalipto e a outras especies exóticas, serán algunhas das reivindicacións.