34
Os veciños da vila do Landro e doutros concellos da Mariña Luguesa manifestáronse este domingo para pedir solucións que impidan o peche de Alcoa. A multinacional anunciou o despedimento de 584 empregados da planta de San Cibrao e milleiros de postos de traballo indirectos están en perigo.
Milleiros de persoas, todos de negro, solidarizáronse en Viveiro cos traballadores de Alcoa ameazados por un peche que temen que leve a ruína a toda a comarca da Mariña.
Veciños, traballadores, alcaldes da comarca e representantes de todas as forzas políticas participaron nesta mobilización, unha das máis numerosas das convocadas ata o de agora.