Centos de persoas manifestáronse na Cidade Vella de Varsovia pola paz en Ucraína e en contra dunha posible agresión rusa. Os asistentes enarboraban bandeiras ucraínas, polacas, europeas e da oposición bielorrusa. Algúns pedían a berros que se levase a xuízo ao presidente ruso Vladímir Putin. No centro de Madrid, outros centos pertencentes á comunidade ucraína residente en España mostraron tamén o seu apoio aos seus compatriotas. En Estocolmo, a Sociedade Sueca pola Paz e a Arbitraxe organizou outra concentración pola paz. Mentres, Rusia anunciaba este domingo que as súas tropas permanecerán en Bielorrusia despois de acabar as manobras militares conxuntas. A Organización para a Seguridade e Cooperación en Europa celebra este luns unha reunión extraordinaria para buscar unha saída.
34