Manifestacións en Afganistán contra o novo Goberno talibán

Centos de manifestantes saíron á rúa en varias cidades de Afganistán para reclamar os seus dereitos. Protestas instigadas moitas veces por mulleres que expresan o seu rexeitamento aos talibáns xusto despois de que estes anunciasen a formación do novo Goberno, cuxos integrantes son na súa totalidade fundamentalistas islámicos.

Entre eles atópase o novo primeiro ministro do país, Mullah Mohammad Hassan Akhund, nas listas negras das Nacións Unidas. O novo ministro do Interior Sirajuddin Haqqani, estaba buscado polo FBI.

O ex primeiro ministro do país, Aschraf Ghani, pola súa banda, xustificou nun comunicado a súa repentina saída do mesmo o pasado 15 de agosto. Publicado en Twitter tras unha rolda de prensa, no texto asegura que marchou para evitar un derramamento de sangue innecesario e nega calquera acusación de corrupción.

Mentres tanto o ministro de Exteriores alemán, Heiko Mass, reuniuse este mércores co secretario de estado de Estados Unidos, Antony Blinken, na base militar de Ramstein para dialogar sobre a situación en Afganistán. Ambos eloxiaron a cooperación entre ambos os países e chamou a manter a mesma cooperación no que á relación co novo goberno talibán se refíre.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha