24
Dende a Xunta piden responsabilidade e aseguran que a día de hoxe a data de reapertura do ocio nocturno se mantén tal e como estaba previsto, no 1 de xullo. Os hostaleiros fan tamén un chamamento a cumprir «os protocolos hixiénico-sanitarios para que non haxa unha volta atrás».
Afonso Rueda, vicepresidente primeiro da Xunta, explica que «o ocio nocturno foi responsable mentres estuvo pechado, tamén na proba piloto e vaino ser cando abra. Ese non é o problema, o problema é a xente que pensa que o virus non vai con eles».
En Galicia, a Policía e a Garda Civil seguirán controlando os botellóns, as festas ilegais e imporán as sancións correspondentes.
