A pesar da forte caída da economía, situada, segundo as previsións do Banco de España, entre o 6,8% e o 12,4% para este ano, o mercado das adxudicacións públicas mantén o dinamismo durante os meses máis duros do estado de alarma. Concretamente, pese ao parón causado pola pandemia do COVID-19, AdjudicacionesTIC cifra en 1.837 o volume de proxectos adxudicados entre marzo e maio de 2020, por un montante de máis de 616 millóns de euros. Os servizos de mantemento e o outsourcing tecnolóxico foron as áreas de maior de importancia relativa nestes tres meses, con 934 adxudicacións por valor de máis de 393 millóns de euros.
Os maiores adxudicatarios neste período de 2020 foron T-Systems Iberia con 17 proxectos por valor de case 67 millóns de euros; Indra, con 22 adxudicacións por valor de máis de 61 millóns de euros; e Telefónica, con 65 adxudicacións por 54 millóns de euros. Comparativamente, entre marzo e maio de 2019 adxudicáronse 2.454 proxectos por valor de 970 millóns de euros. Con todo, deles, máis de 316 millóns pertenceron a unha adxudicación en 16 lotes do servizo de mantemento das aplicacións da Generalitat de Catalunya, polo que eliminando a distorsión, o montante económico é moi similar ao deste ano.