Manu López chega do OAR ás Escolas Balonmán Xiria

Foto.- Cedida.

O coruñés Manu López incorpórase ao clube carballés para ser o adestrador do equipo senior feminino e xuvenil feminino. Manu estivo adestrando desde a tempada 2013/2014 en todas as categorías inferiores do OAR e desde a tempada 2016/2017 no colexio Liceo alevín e prebenxamín. Agora tamén é segundo adestrador da selección galega xuvenil masculina.
Agardamos que xunt@s acaden moitos éxitos nas Escolas de Balonmán Xiria.

Segundo as súas declaracións: «Estou moi agradecido pola oportunidade que me da Escolas Balonmán Xiria. Pareciume unha oferta moi interesante polo proxecto e o percorrido do clube e de seguro que imos conseguir cousas moi boas xuntos.» 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha