Manuel Antelo renuncia como concelleiro da Corporación municipal de Vimianzo

1 minutes read

Manuel Antelo Pazos, ex alcalde de Vimianzo durante 8 anos e actual voceiro da formación Adiante Vimianzo emitiu un comunicado este venres anunciando a súa dimisión como concelleiro da Corporación municipal vimiancesa.

«Cando un cre que na Política hai que renovar para impulsar os proxectos, que os cargos institucionais non son para sempre, e que hai moitos sitios onde participar e aportar; e que a vida é unha sucesión de ciclos, que se abren e pechan… Hai que actuar en coherencia. Por iso acabo de presentar a miña renuncia como concelleiro da Corporación municipal de Vimianzo. Moitas grazas por darme a oportunidade de representarvos no concello e ter sido o voso alcalde durante 8 anos».

Deste xeito se despedía Manuel Antelo na tarde deste venres. Facíao cunha carta dirixida á alcaldesa-presidenta do concello de Vimianzo, para que se dea conta delo ao Pleno da Corporación municipal así como á Xunta Electoral.