A CMAT (Asociación Turística da Costa da Morte) é unha asociación sen ánimo de lucro que integra aos diferentes axentes locais, públicos e privados, coa finalidade de desenvolver o territorio en materia turística. Concretamente para promocionar o destino Costa da Morte, mellorar a calidade e a innovación en servizos, consolidar e ampliar a oferta turística para os segmentos de público con maior potencial de crecemento, e en definitiva, contribuír ao desenvolvemento económico e social do destino. Manuel Muíño Espasandín, asume o cargo de presidente en substitución de Mónica Rodríguez, alcaldesa de Vimianzo, que desempeñou as súas funcións como presidenta da CMAT desde o mes de xuño de 2021. Así o acordaron na Xunta Directiva celebrada na Casa da Cultura de Vimianzo. María Lema, concelleira de Turismo de Dumbría, é a nova vicepresidenta e incorpórase como vogal Áurea Domínguez, a nova rexedora de Fisterra, o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, exerce como vogal. O alcalde de Cabana, José Muíño, segue como tesoureiro; Pepe Formoso, como secretario; e Damián Álvarez, como vogal.
0