Manuel Verdes e Yoel Suárez campións coa Selección Galega de Natación

Manuel Verdes e Yoel Suárez, da A.D. Fogar, tomaron parte coa Selección Galega Absoluta de Natación no XIII Meeting Internacional da Póvoa do Varzim, en Portugal, contribuíndo á victoria final do combinado galego. Yoel nadou as finais A dos 50 e os 100 metros braza acadando a 4ª praza individual nas dúas probas e tamén a final A na substitución dos 4×50 metros libres onde formando equipo con José Moure, Brais Novo e Martín Vázquez acadaba a medalla de prata. No que respecta a Manuel, desta volta só puido meterse na final A dos 50 metros braza, proba na que foi 6º clasificado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha