Mar afirma que o acordo sobre o Brexit é un duro golpe para o sector pesqueiro

1 minutes read

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo este sábado xunto a membros do seu equipo unha reunión por videoconferencia cos representantes en Galicia da Alianza Pesqueira Europea (EUFA), Jesús Lourido e Iván López, co obxectivo de analizar en detalle o acordo sobre o Brexit en materia pesqueira e ver o impacto que este pode ter na frota galega. As partes constataron, tras unha análise preliminar do acordo publicado na web da Comisión Europea, que supón un duro golpe para o sector ao reducir as súas posibilidades de pesca ata 2026, momento no que haberá unha nova negociación co Reino Unido para definir a relación nos seguintes anos. Ante esta situación, tanto a Xunta como os representantes da frota coinciden na necesidade de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoque o antes posible ás comunidades autónomas con intereses pesqueiros e aos responsables das entidades pesqueiras afectadas para explicar en detalle o acordo así como o xeito en que se aplicará a curto, medio e longo prazo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?