Mar Barral homenaxeará á Romaría Vikinga de Catoira no ‘ArtEncaixe’

1 minutes read

Mar Barral repetirá este ano a súa participacións na pasarela ‘ArtEncaixe’ da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, onde xa amosou en varias ocasións que artesanía e moda combinan á perfección.

Especializada na técnica do raku e o ecoprint, é pioneira na aplicación da estampación botánica na cerámica. Natural de Vilagarcía de Arousa, leva máis de dúas décadas reinventando a disciplina desde a súa tenda-obradoiro en Catoira.  

Ela mesma se reivindica como “un laboratorio de ideas” nunha terceira participación que supón “un novo reto e saír da miña zona de confort”. “O Encaixe de Camariñas aporta ás miñas pezas elegancia, delicadeza e distinción, e a colección deste ano terá como tema vehicular a romaría viquinga de Catoira”.