A Consellería do Mar convoca tres novos permisos de explotación na modalidade de percebe a pé no ámbito do plan de explotación da confraría de pescadores de Malpica. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e o que establece a orde que regula a explotación dos recursos específicos. Ademais, deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.
Os interesados poden consultar a convocatoria na páxina web da Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes aínda está aberto e é de 15 días hábiles tras a publicación hai uns días desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. Todas as prazas son convocadas despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socioeconómicos.