Mar de Fábula fai un chamamento para contribuir á limpeza da praia do Lago en Camariñas

«O mar está enfermo, como si dunha intoxicación se tratara, en cada acometida á terra deita unha mostra do veleno, unha mostra do noso lixo», esta é a reflexión que fan dende a asociación Mar de Fábula, ao tempo que tamén fan un chamamento a todas as persoas interesadas en participar na limpeza que están a organizar na praia do Lago de Camariñas.

A cita será o vindeiro sábado 14 de febreiro ás 11:00 horas, dado que os pronósticos da meteo dan unha pequena tregua, é por iso aproveitarán para disfrutar á beira do mar e limpar e sanear o máximo posible, puntos da contorna que están moi contaminados. A efecto de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI, antes das 20.00 horas do venres, 13 de febreiro, no correo electónico: info@mardefabula.gal, ou no teléfono: 608609042

Related posts

Axober impulsa a mellora da hostalería da comarca cunha xornada sobre deseño e eficiencia nas cociñas profesionais

O Concello de Carballo realiza a comunicación de expropiación dos terreos da zona do Rego da Balsa

A rehabilitación do Colexio Labarta Pose (Zas) incluirá illamento térmico das fachadas, renovación de fiestras e reforma das cubertas