Mar de Fábula volve ao coído de Touriñán para purificalo

Recollida de lixo na praia de Traba_Facebook Mar de Fábula

  • A Asociación Xuvenil Comarea participará nesta limpeza que terá lugar o domingo 2 de febreiro a partir das 11:30 horas

Mar de Fábula voltará ata o coído de Touriñán (Muxía) por quinto ano consecutivo para limpar todo o lixo que se acumula na zona despois dos temporais. Para iso contará coa axuda da Asociación Xuvenil Comarea de Muxía, e xuntas piden a colaboración dos veciños e voluntarios para devolverlle a beleza ao lugar onde o sol se pon máis tarde de toda España.

O día elixido é este domingo 2 de febreiro e a limpeza comezará a partir das 11:30 horas.

Para esta acción ambiental contarán co soporte loxístico do concello de Muxía e, aínda que a organización levará sacos e luvas, recoméndase que cada persoa leve as súas propias.

Unha vez feito o traballo de limpeza, algúns dos voluntarios oficiarán un ritual de reconciliación co mar a través da poesía ou da música, así coma un picnic de confraternidade onde cada un deberá levar as súas bebidas e provisións de boca.

Para anotarse:
Lucía (Asociación Xuvenil Comarea): 666903627
Xosé Manuel (Mar de Fábula): 608609042