«Mar de redes», da asociación Vieiro, chega aos institutos de Carballo

Asociación Vieiro

  • O obxectivo desta iniciativa é fomentar o uso adecuado das novas tecnoloxías entre a poboación escolar

A asociación antidroga Vieiro iniciou nos institutos de Carballo o programa «Mar de redes», destinado ao alumnado de 3º e 4º da ESO cun claro obxectivo: fomentar na poboación escolar o uso adecuado das TICs a través da toma de conciencia dos riscos do mal uso das novas tecnoloxías e dos posibles delitos e consecuencias.

“Mar de Redes”, que se leva a cabo durante o segundo trimestre do curso escolar 2020-2021, está conformada por sesións semanais cunha duracións aproximada de 55 minutos.

Vieiro agradece o apoio dos equipos directivos e profesorado para poder levar a cabo este programa, xa que sen a súa colaboración non sería posible impartilo.