Mar e a confraría de Camariñas abordan o impulso da actividade marítimo pesqueira da zona

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo un encontro de traballo coa confraría de pescadores de Camariñas, no que analizaron as necesidades actuais dos seus membros e afondaron na colaboración entre este pósito e a Administración autonómica. Trátase, segundo destacou a responsable autonómica, de a través da cogobernanza impulsar a actividade marítimo-pesqueira da zona.

Na actualidade, este pósito conta con 197 socios, que desenvolven a súa actividade dentro da pesca artesanal realizada por embarcacións de pequeno porte, a escasas millas da costa e que descargan a súas capturas no mesmo día de pesca. O principais sectores produtivos aos que pertencen os integrantes son o cerco; artes menores, recursos específicos como a navalla, ourizo ou percebe; e o marisqueo, tanto nas modalidades de a pé como desde embarcación.

Related posts

As praias de Malpica únense á iniciativa “Praia Pallet”

Conclúen as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na Avenida Méndez Núñez de Caión

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao