Mar e Portos tratan co alcalde de Malpica as actuacións previstas para reforzar a seguridade na dársena

Cedida.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo este xoves unha reunión co alcalde de Malpica, Eduardo Parga, para trasladarlle as actuacións previstas polo seu departamento para o reforzo da seguridade e mellora da operatividade no interior da dársena do peirao malpicán. Villaverde ratificou o compromiso da Xunta por mellorar as condicións de axitación neste porto e minimizar o risco para os usuarios e a frota con base nel.

A conselleira, que estivo acompañada tamén polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, indicou que nos vindeiros meses desenvolveranse os traballos contemplados no convenio asinado polo ente público e a Universidade da Coruña para determinar novas solucións técnicas ante a situación de exposición extrema que sofre o porto de Malpica.

Portos de Galicia investirá neste traballo de investigación 262.000 euros e a Universidade da Coruña realizará ensaios das posibles solucións técnicas na Dársena Multidireccional 3D do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) de recoñecido prestixio investigador. Este modelo físico a escala en tres dimensións de gran tamaño introduce unha compoñente de innovación de grande importancia nesta problemática, fronte aos modelos matemáticos.

O estudio desenvolverase durante 10 meses e afondará no coñecemento científico sobre o fenómeno da onda longa, moi pouco estudado ata o momento e que non se tiña en conta na construción das infraestruturas portuarias que permanecen en uso na actualidade.

Related posts

O BNG exixe ao Goberno do PP que reforce o profesorado para o alumnado con necesidades especiais de Cee e Muxía

Os docentes do IES de Baio Oscar Rey e Fina Paulos reciben un premio do Ministerio de Educación

UCIN Galicia respalda a los mariscadores y exige agilizar el saneamiento de la ría de Corcubión