Mar inviste 320.000 euros na renovación dos departamentos para mariñeiros en Fisterra

1 minutes read

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 320.000 euros na renovación dos departamentos para mariñeiros de Fisterra (A Coruña). A titular do ente público, Natalia Botana, visitou este martes as obras, que xa están rematadas e que permitirán mellorar as condicións de traballo dos profesionais que desenvolven a súa actividade nesta dársena.

Botana explicou que os labores consistiron na reposición da antiga cuberta para evitar a filtración de humidades e o acondicionamento dos elementos metálicos do conxunto da envolvente, dado o estado de corrosión en que xera a súa forte exposición ao ambiente mariño. Ademais executouse unha nova rede soterrada de evacuación das augas pluviais e substituíronse os canlóns e baixantes. 

Dado que os departamentos tiñan que atoparse baleiros para a execución dos traballos, previamente ao inicio dos mesmos procedeuse á instalación provisional duns contedores marítimos na contorna do edificio, para uso dos usuarios dos departamentos en obras, de xeito que puideron manter a súa actividade de xeito continuado.

A presidenta de Portos de Galicia destacou que con esta actuación beneficiase aos profesionais que desenvolven a súa actividade no porto de Fisterra, recuperando a estanquidade nos locais dos que dispoñen para almacenamento dos utensilios necesarios para  o seu traballo.