Marchas polo 8-M nas principais vilas e cidades de Galicia


Unha riada morada tomou o centro da cidade olívica na principal mobilización convocada polo Día Internacional da Muller. Milleiros de persoas sairon á rúa e, en moitos momentos, a ritmo de batucadas e cantigas reivindicativas completaron un percorrido que tiña como obxectivo fundamental reclamar unha igualdade real. Saben que xuntas son máis fortes e din que aínda queda moito por facer. Ademais da de Vigo, foron varias as marchas feministas que tiveron lugar nas rúas galegas para reclamar igualdade neste Día Internacional da Muller. Outra delas foi a de Santiago. Este 8-M puxo o foco no papel de coidadoras que exercen maioritariamente as mulleres. Darlles visibilidade é parte das reivindicacións, como comprobamos tamén en Ourense. Tamén houbo marchas multitudinarias na Coruña, Lugo e outras vilas de Galicia.