Marcos Esmorís, alumno do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, 5º no concurso estatal “Canguro Matemático”

Marcos, coa súa profesora de matemáticas, Manuela Ures. Cedida.

Como estudante de 2º de bacharelato, é un dos cinco gañadores desta proba que se celebra anualmente na maioría dos institutos de España. Os campións disfrutarán dun campamento en Fresno de La Fuente (Segovia) e recollerán o seu premio o 21 de xuño na celebración que terá lugar en Burgos.

O IES Eduardo Pondal celebra, por segundo ano consecutivo, a clasificación dun dos seus alumnos neste torneo, xa que o curso pasado Alexander Costa obtivera un 5º posto empatado co 3º.

Related posts

Cee acolleu o acto de homenaxe a Concha Seoane, «a alma de Aspadex»

O Concello de Ponteceso impulsa a mellora integral da rúa Voluntariado, en Corme Porto, reforzando a rede viaria e o saneamento

O PSOE esixe ao Concello de Coristanco transparencia e respecto ao dereito de acceso á información pública