Ambos proclamáronse campións, na categoría masculina e feminina, da segunda edición da San Silvestre de Cerceda, nunha saída que tivo lugar ás 11:30 horas deste domingo no Campo da Feira de Cerceda. Naya fixo o percorrido de case 5 quilómetros cun tempo de 15.46 minutos, mentras que na categoría feminina Pan alzouse co vitoria cun tempo de 20.07 minutos.
Trátase dunha cita deportiva e festiva coa que se pretende dar a benvida ao novo ano reunindo á veciñanza nun ambiente de convivencia, humor e actividade física.
A proba estivo organizada polo OCR Cerceda e patrocinada polo Concello e contará con categorías adaptadas a todas as idades, incluíndo absoluta para maiores de quince anos, Silvestriños para nenos e nenas de cero a nove anos e Asilvestrados para participantes de dez a catorce anos.
Entregáronse trofeos ás persoas clasificadas nos tres primeiros postos da categoría absoluta, aos tres primeiros locais e ao mellor disfrace. Ademais, todos os nenos e nenas recibiron un agasallo, e ao remate da carreira celebraranse diferentes sorteos entre as persoas participantes. O carácter lúdico da xornada completouse cunha degustación de roscón e chocolate quente despois da proba.
A San Silvestre de Cerceda incluíu tamén unha iniciativa solidaria a través da Operación Kilo. As persoas inscritas puideron así colaborar achegando un quilogramo de comida non perecedoira no momento de recoller o dorsal, contribuíndo así a apoiar a familias do municipio que o precisen.