Marcos Trigo é o novo responsable comarcal do BNG de Bergantiños

  • Trigo pasa a ser a cabeza visible dun equipo integrado por 18 persoas que representan aos sete concellos.

O BNG vén de renovar e reforzar o Consello Comarcal de Bergantiños como primeiro paso de cara a agrandar a base do nacionalismo e contribuír, tamén dende a comarca, ao cambio político que Galiza precisa para seguir avanzando, din. A participación activa da militancia nun proceso democrático sen comparación na política estatal, e no que é a militancia a que decide dende cada localidade e cada comarca a liña política da organización para os vindeiros anos, culminou coa elección de Marcos Trigo Facal como responsable comarcal.

O concelleiro carballés recolle o relevo de Xosé Regueira, que ocupou o posto de responsable comarcal no período 1999-2007 e dende o ano 2016 ata agora, e que continúa como membro do Consello Comarcal tras recibir o recoñecemento do seu sucesor e do conxunto da militancia polo traballo desenvolvido.

Membros do BNG da Costa da Morte, integrantes do Consello Comarcal, con Marcos Trigo, no centro.

Xunto con Marcos Trigo, no Consello Comarcal do BNG de Bergantiños figuran as seguintes persoas:

  • Carolina Castiñeiras (A Laracha), vice-responsable comarcal
  • Xoán Sande (A Laracha), responsable de organización
  • Leticia Varela Naya (Malpica), responsable de acción feminista
  • Milagros Lantes (Carballo)
  • Daniel Pérez (Carballo)
  • Fátima R. Gonzálvez (Ponteceso)
  • J. Antonio Andrade (Coristanco)
  • Maruxa Suárez (Carballo)
  • Xosé Regueira (Carballo)
  • Miguel Varela (Malpica)
  • Lucía Veciño (Ponteceso)
  • Xosé M. Pose (Laxe)
  • Inés Rodríguez (Carballo)
  • David Cancela (Cabana)
  • Benedicto Viña (Carballo)
  • Dores Silveira (Carballo)
  • Evencio Ferrero (Carballo)

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha