Marea Galeguista presentou un programa dixital

1 minutes read

A Marea Galeguista presentou un programa dixital enmarcado dentro dunha das liñas estratexicas do partido que é a sustentabilidade, polo que a impresión en papel será practicamente nula. Baixo o lema «Fagámolo» apostan pola construción unha nova normalidade xusta e sustentable. Algunhas das propostas da formación liderada por Pancho Casal, pasan polo AVE a Galicia, con trens a 200 km/ h e unha conexión co Porto Exterior —»é inaudito que a ninguén se lle ocorrese», dixo—. Así mesmo, comprometiuse a que a coalición «analizará con lupa» a revenda de Alu Ibérica (antiga Alcoa) a Grupo Risco, pois asegurou, «soa a pelotazo».