Marea negra na costa paradisíaca de Mauricio

1 minutes read

O goberno da illa de Mauricio declarou emerxencia ambiental pola vertedura dun petroleiro. Pediu asistencia a Francia tras encallar o 25 de xullo o buque MV Wakashio, de propiedade xaponesa e bandeira de conveniencia panameña. O petroleiro segue varado fronte á zona coñecida como Pointe d’ Esny, a súa tripulación foi evacuada. Veciña do departamento francés da Reunión, Mauricio vese golpeada na súa industria maior, o turismo que chega atraido polas augas do Índico, agora contaminadas.
Pravind Jugnauth, primeiro ministro de Mauricio explicou:»Imos facer un chamamento á Illa da Reunión, a Francia, a Nacións Unidas e a outros países para que nos axuden, porque aquí non temos nin experiencia nin capacidade para facer fronte a unha catástrofe como esta». A vertedura pon en grave risco arrecifes, praias e albuferas de Mauricio. O buque cisterna levaba 200 toneladas de diesel e 3800 de petróleo.