“Mares da Costa” inunda a tenda Stoupa

1 minutes read
  • A mostra, que contará con fotografías e cadros de Xoanxo Cespón, poderá visitarse ata o 6 de maio

Stoupa, a tenda turística e galería de arte que hai en Cee, inaugura unha nova exposición artística, que leva por título ‘Mares da Costa’, do artista ceense Xoanxo Cespón. Está composta por oito cadros (acrílico sobre cartón) da serie Mares de Outono (inspirados no mar da Costa da Morte) e nove fotografías de serie Terra-Auga tomadas en Fisterra e Muxía. A mostra poderá visitarse ata o 6 de maio na galería ceense.

Ademais, a Costa da Morte estará presente durante toda a Semana Santa en Santiago de Compostela na sala ‘Tradición e Artesanía’ do mercado gastronómico ‘La Galiciana’. Stoupa organiza alí a exposición e venda dunha selección das cartografías de Pepe de Olegario (recoñecido mariñeiro e historiador popular) onde se plasman as localizacións dos naufraxios acontecidos dende o século XVIII por toda a costa galega e detallando os motivos que levaron a eses barcos a afundirse.

Cartografías e libros da tenda Stoupa dentro do mercado santiagués “La Galiciana”