33
A ministra de Defensa, Margarita Robles, dixo este mércores, cando se cumpren seis meses da guerra en Ucraína, que as perspectivas son «moi pesimistas» ante un inverno, apuntou, longo, complicado e «durísimo» polo que hai que estar «preparados para o que poida ocorrer». Robles, explicou que todas as análises militares auguran unha guerra longa e de «desgaste» e con condicións que se asemellan xa ás que se deron na Primeira Guerra Mundial. A ministra lembrou que ninguén pensase fai seis meses na magnitude desta guerra «cruel» na que Putin está a violar incluso as chamadas «normas da guerra» tras fracasar na súa previsión de que nunha semana conquistaría Ucraína.