Margarita Robles di en Ferrol que é necesario formar goberno pronto polo ben do país

0 minutes read

A ministra de Defensa en funcións evita concretar a posibilidade dun novo contrato para Navantia que permita asegurar o emprego no estaleiro nos próximos dous anos. Margarita Robles di que primeiro ten que haber goberno e presupostos. 

A ministra de Defensa en funcións afirmou que «O importante é que haxa goberno canto antes, que haxa presupostos canto antes, e logo poderemos abordar outras circunstancias».

Margarita Robles facía estas declaracións en Ferrol, onde recibiu este xoves a Fragata Méndez Núñez que regresa á súa base no Arsenal Militar despois de sete meses arredor do mundo.