María do Ceo celebra os seus 25 anos de carreira cun disco dedicado a Galicia

1 minutes read

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na presentación do último traballo da cantora galaico-portuguesa María do Ceo, Galicia Nai, un libro disco dedicado integramente a Galicia e á lingua galega co que a intérprete celebra os seus 25 anos de carreira musical e que conta co apoio da Xunta.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou a traxectoria de María do Ceo, “baseada no achegamento entre a lingua e a cultura galega e a portuguesa e na que, asiduamente, conta co apoio da Xunta de Galicia”, indicou. Ademais, quixo “agradecer, unha vez máis, o labor a prol da unión das linguas existentes ás dúas beiras do Miño e o compromiso profesional e persoal de María do Ceo coa que é a súa terra de adopción, tal como deixa patente en Galicia Nai” na liña dos obxectivos da Lei Paz Andrade, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía.