María Doval exporá os seus cadros en Caión nunha mostra titulada ‘Sensaciones’

María Doval, natural de Pontevedra e residente desde hai máis de dúas décadas en Caión, é profesora xubilada que desde sempre tivo paixón pola pintura. Foi durante os últimos anos da súa actividade profesional, cando a redución da xornada laboral lle permitiu dispoñer de máis tempo libre, momento no que comezou a despregar as súas inquedanzas artísticas plasmando en cadros as sensacións que experimenta e tamén as que lle inspira Caión.

Precisamente esa vila na que reside é o lugar no que María Doval vai realizar a primeira exposición dos seus cadros. Baixo o título Sensaciones, trátase dunha mostra moi variada, composta por corenta pezas nas que se pode apreciar a súa evolución artística, desde os inicios ata o momento actual con traballos máis centrados na pintura intuitiva e surrealista.

Sensaciones inaugurarase este venres ás 19:00 horas no centro sociocomunitario de Caión, nun acto aberto a toda a cidadanía. A exposición poderase visitar ata o 23 de xuño, de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 h.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha