María Guardiola, primeira presidenta de Estremadura co apoio de Vox

1 minutes read

A candidata ‘popular’ á Presidencia da Junta de Extremadura, María Guardiola, converteuse este venres na primeira muller á fronte da autonomía co apoio dos deputados do PP e Vox. Ambos partidos conforman a maioría absoluta na Asemblea e alcanzaron un acordo para gobernar en coalición o pasado 30 de xuño no que finalmente quedou fora a violencia machista, unha liña vermella que marcara a propia Guardiola. A nova presidenta defendeu  o pacto ao que chegou na rexión con Vox e pediu ao PSOE e a Unidas por Estremadura que non se envolvan na «bandeira apocalíptica». O acordo de gobernabilidade, insistiu, «non supón ningunha ameaza aos dereitos dos estremeños». O presidente do Grupo Parlamentario Socialista, Guillermo Fernández Vara, ofreceu a Guardiola un pacto polas infraestruturas da rexión polo cal se manteña unha posición do conxunto dos estremeños ante o Goberno nacional, así como outros acordos relativos ao financiamento da sanidade ou sobre a xestión da auga.