María José Gómez valora a apertura dunha nova empresa en Ordes vinculada ao medio rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, asistiu esta mañá á inauguración do concesionario oficial de Energreen en Galicia, xestionado por Murat Construción e Mantemento.

No acto, Gómez salientou que a apertura destas instalacións supón un elemento dinamizador do agro na bisbarra e manifestou tamén a súa satisfacción por comprobar como medra o tecido empresarial neste municipio, vinculado ao medio rural, xa que a empresa se dedica á venda de maquinaria agrícola e forestal.

Related posts

UCIN Galicia alerta del riesgo ambiental y social de la planta de biometano proyectada en A Limia

A plataforma ‘Emerxencia Dependencia’ chama a mobilizarse diante do Parlamento Galego este luns 17

Superadas as 200 incidencias en Galicia polo paso da borrasca Claudia