María José Mato, nova Delegada Territorial da Asociación Española de Profesionais do Turismo

1 minutes read

María José Mato Figueiras, é a nova Delegada Territorial da Asociación Española de Profesionais do Turismo (AEPT) en Galicia. María, Grao en Turismo e Máster en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos, posúe unha dilatada experiencia profesional tanto na empresa privada como nas institucións turísticas públicas.

Actualmente é Guía Oficial de Turismo de Galicia, ademais de Xestora, Formadora, Asesora e Avaliadora SICTED, desempeñando as funcións de Técnica de Turismo no Concello de Laxe, integrada no xeodestino Costa da Morte.

Con esta incorporación, a AEPT pretende reforzar a súa presenza nesta Comunidade Autónoma, con promoción de actividades e construíndo novas relacións co sector empresarial galego, para levar a cabo diversas actuacións en conxunto que poñan en valor aos profesionais turísticos e a súa importancia.