María Pose regresa á alcaldía de Santa Comba


Desde este martes, o Concello de Santa Comba ten nova alcaldesa. Seis votos do Partido Popular e dous do PSOE (José Antonio Ucha e Cristina Fajín) permiten a María Pose Rodríguez retornar á alcaldía de Santa Comba. “Os veciños de Santa Comba querían que gobernase o Partido Popular, e aquí estamos para servilos”, dixo a nova rexedora tras o Pleno da moción de censura retransmitido por YouTube.