María Reimóndez será a pregoira da Praza dos Libros de Carballo

A Praza dos Libros encherá de cultura o Xardín Municipal do 11 ao 14 de xullo. Durante catro días pasarán por Carballo autores e autoras de máxima actualidade, actuacións musicais de primeira liña e grandes espectáculos para todos os públicos, e ademais a muller terá un protagonismo especial. Para empezar, volverá a ter pregoeira. Este ano será María Reimóndez, polifacética e archipremiada autora luguesa, que este mesmo mes recibiu o Premio dos Clubs de Lectura 2019.

Poucos días despois de pechar o San Xoán, desde a Concellaría de Cultura, que conta coa colaboración da Fundación Luis Calvo Sanz, continúa a festa, neste caso na Feira da creatividade cultural de Carballo, con presentacións literarias, gastronomía, música, obradoiros, agasallos e moito máis.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha