Mariano Rajoy pensa que gobernar con Podemos ou ERC é un disparate

  • O ex-presidente presentou o seu novo libro «Una España mejor»

Este luns Mariano Rajoy presentou o seu libro ‘Una España mejor’ en Santiago de Compostela, unha recompilación de dos momentos que máis o marcaron durante a súa época como presidente de España.

Ademais, Rajoy tamén lle concedeu unha entrevista ao programa «Bos días Marcos Sueiro» en Sanxenxo, onde ademais de indicar que publicou as súas vivencias grazas a un amigos que consideraban que as súas experiencias poderían ter valor de cara ao futuro, tamén falou de política e de economía.

«A crise económica foi un momento moi duro, tiven que facer cousas que nunca pensara», asegurou Rajoy para referirse a esa fase do seu Goberno. Non obstante cre que a situación actual é mellor e non prevé que volvamos sufrir unha recesión como aquela.

Sinalou que lle resulta absurdo que España siga cos mesmos orzamentos que aprobara o seu goberno fai máis dun ano e tamén destacou que «é un disparate» que Pedro Sánchez se apoie en ERC ou Podemos, xa que para el é un partido de extrema esquerda. Rajoy aposta por coalicións moderadas para poder gobernar o país.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha