No acto estiveron presentes o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, o presidente da Conferederación de Emepresarios da Coruña, Antonio Fontenla e o delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva. Nesta inauguración das xornadas «Autoconsumo e mobilidade eléctrica», abordaronse temáticas de actualidade coma a crecente presenza do vehículo eléctrico, a mobilidade sostible ou a xeración de enerxía a través do autoconsumo fotovoltaico.
Nas xornadas actuaron como relatores Luis Gutierrez e Carlos Bergerla de Smart Mobility Iberdrola, Alejandro Sánchez, director comercial de Louzao-Mercedes Benz, Emérito Freire, director de Enerxía e Planificación do INEGA e Jesús Castro, director da Axencia Enerxética Provincial da Coruña, que explicou a aposta pola mobilidade sostible da provincia da Coruña.
O autoconsumo de enerxía eléctrica para os fogares e empresas, o vehículo eléctrico ou a transición enerxética e a súa compatibilidade co mantemento do emprego e a actividade industrial foron algúns dos asuntos abordados polos diferentes especialistas que participaron na xornada.