26
O xogador de golf carballés, Mario Díaz, comezou a competición deste ano con moi bo pé resultando gañador da categoría na que competía (boy) e conseguindo unha nova baixada do seu hándicap. Con este triunfo colócase de líder na clasificación da liga Galega. A cita tivo lugar o pasado sábado 5 de febreiro no Real Montealegre Club de Golf de Ourense, onde se deron cita preto de 100 xogadores.