O xogador de golf carballés, Mario Díaz López, proclamouse campión, este sábado, na categoría Boy da liga Galega Xuvenil Sub-25. A 5ª e última proba da liga disputouse no club Golf Ría de Vigo, chegando en primeira posición á final e quedando en segundo lugar na última proba, o que lle permitiu alzarse co primeiro posto da liga despois das 5 probas disputadas nos campos de Montealegre Club de golf, Golf de Xaz, Club de golf Val de Rois, RAC de Vigo e Golf Ría de Vigo.