Mario Díaz consegue outro bo resultado no Zonal Galicia-Pdo. de Asturias

0 minutes read

Os días 22 e 23 de febreiro tivo lugar no Real Montealegre Club de Golf (Ourense), o primeiro Puntuable Zonal Galicia-Principado de Asturias, cunha alta participación do máximo permitido de 90 xogadores das dúas Comunidades. Na categoría Cadete o xogador carballés Mario Díaz, conseguiu o cuarto posto así como unha nova baixada do seu hándicap.