Esta fin de semana o xogador de golf carballés Mario Díaz López disputou o Campionato de España por Parellas de Pitch& Putt co seu compañeiro Javier Ramos Casariego. O formato de competición establecia tres roldas de xogo Stroke Play de 18 foxos cada unha delas, as dúas primeiras baixo a modalidade foursome e fourball o sábado e a terceira o domingo baixo a modalidade Copa Canadá. Despois dunha primeira proba no que fixeron un resultado discreto de 62 golpes, na segunda rolda asinaron a terceira mellor tarxeta da proba con 45 golpes (9 golpes por baixo do par do campo). Ao final das 3 xornadas quedaron nun meritorio 17° posto das 60 parellas que participaron de toda España.