40
O xogador de golf carballés Mario Díaz e o seu compañeiro Antón Pérez conseguen o terceiro posto na 2ª Proba da Liga Galega de parellas da Federación Galega de golf, mantendo así, o primeiro posto na clasificación xeral. A proba disputouse a pasada fin de semana no campo Torre de Hércules da Coruña coa participación dunhas 55 parellas.