O xóven xogador de golf carballés disputou este domingo o Campionato Galego Xuvenil de Pitch& Putt en categoría Cadete no Campo de Barbanza Golf.
Como resultado quedou en segundo lugar por segundo ano consecutivo e conseguindo así proclamarse Subcampión de Galicia 2019 da súa categoría.
Unha vez máis volveu a demostrar o seu bo estado de forma da man do seu adestrador Sergio García cando está a empezar a tempada.