Mario Díaz López revalida o título de Subcampión Galego Xuvenil de Pitch& Putt

O xóven xogador de golf carballés disputou este domingo o Campionato Galego Xuvenil de Pitch& Putt en categoría Cadete no Campo de Barbanza Golf.

Como resultado quedou en segundo lugar por segundo ano consecutivo e conseguindo así proclamarse Subcampión de Galicia 2019 da súa categoría.

Unha vez máis volveu a demostrar o seu bo estado de forma da man do seu adestrador Sergio García cando está a empezar a tempada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha