35
O pasado fin de semana disputouse a 5° proba da liga Galega Xuvenil no Real Club de Golf da Coruña. Déronse cita máis de 90 xogadores que, a pesar da mala previsión meteorolóxica para a tarde, con choiva intensa, gozaron dunha xornada na sede do próximo Interautonómico Infantil que dará comezo en menos dunha semana. O xogador carballés Mario Díaz retomou a competición resultando subcampión en categoría boy.
